Xoves 25 Abril 2024

A nebulosa Cabeza de Cabalo

Créditos da imaxe e copyright: José Jiménez Priego
Créditos da imaxe e copyright: José Jiménez Priego

Explicación: a nebulosa Cabeza de Cabalo é unha das nebulosas máis famosas do ceo. Pode ollarse coma unha marca escura na nebulosa vermella de emisión do centro da fotografía superior. A forma de cabeza de cabalo está escura porque realmente é unha nube opaca de po que se atopa por diante da brillante nebulosa de emisión vermella. Esta nube cósmica, como as nubes da atmosfera da Terra, adoptou unha forma recoñecible por casualidade. Cando pasen moitos milleiros de anos, os movementos internos da nube seguramente alterarán a súa aparencia. A cor vermella da nebulosa de emisión está provocada por electróns recombinándose con protóns para formar átomos de hidróxeno. Na esquerda da imaxe está a nebulosa da Chama, unha nebulosa tinguida de laranxa que tamén contén filamentos de po escuro. Xusto abaixo e á esquerda na fotografía publicada da nebulosa Cabeza de Cabalo hai unha nebulosa de reflexión azulada que reflicte preferentemente a luz azul das nestrelas achegadas.
Relatorios gratuítos do APOD: o editor falará en xaneiro en Filadelfia e New York City
E o tradutor ao galego Dosi Veiga no Pub Airas Nunes de Santiago de Compostela, o venres 18 de decembro de 2015.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón