Sábado 20 Abril 2024

O banco máis bonito do mundo está en Galicia

O banco máis bonito do mundo está en Galicia. Concretamente, na na parroquia de Loiba, en Ortigueira. Situado sobre un balcón natural cunha impresionante vista ao océano e a unha longa ringleira de altos cantís, o banco de Loiba ten escrito a bolígrafo no seu respaldo: “O mellor banco do mundo“. Agora, tamén ten a súa mellor foto.

O famoso banco de Loiba, no mirador do Coitelo.
O famoso banco de Loiba, no mirador do Coitelo.

Porque unha imaxe deste banco está entre as elixidas na sexta edición do Earth and Sky Photo Contest on Dark Skies Importance (Twan), un concurso de prestixio que busca os ceos nocturnos máis belos do mundo. O premio naceu en 2008, e dende 2009 adquiriu unha dimensión global. O seu obxectivo é a preservación de ceo da noite como parte do noso patrimonio natural.
O fotógrafo galego Dani Caxete é o autor da imaxe que figura entre as seleccionadas este ano polo proxecto Twan, no que participaban fotos de 54 países. Foi tomada en agosto de 2014, ás 3.00 horas da madrugada. O concurso está aberto a calquera persoa de calquera idade, en calquera parte do mundo; tanto fotógrafos profesionais coma afeccionados. A toma do banco de Loiba recibiu unha mención especial.
Na fotografía de Dani Caxete obsérvase nitidamente a Vía Láctea e un ceo espectacular. O nome do miradoiro é O Coitelo e dende o seu banco se poden contemplar os castís de Loiba e a boca da ría cos cabos Ortegal e Estaca de Bares nos extremos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Barqueiro a Cariño, polo aire: voo pola costa máis septentrional de Galicia

A Deputación da Coruña achega nunha serie de vídeos os preto de 1000 quilómetros de costa; esta é a primeira das entregas

Loiba e O Picón: centos de millóns de anos diante dos teus ollos

O proxecto Xeoclip percorre este tramo litoral de Ortegal, con arcos, farallóns, coídos e deslizamentos de gran relevancia xeolóxica

“O banco máis fedento do mundo” está en Ordes

A asociación de afectados polo proxecto do vertedoiro na parroquia de Lesta "promociona" un lugar con vistas e cheiros do complexo de Areosa, en Cerceda

Alfredo Madrigal: “Tiven que colgar o vídeo para demostrar que non era Photoshop”

O fotógrafo Alfredo Madrigal deu a coñecer a pasada semana que captara por primeira vez en Galicia este fenómeno visual