Martes 16 Abril 2024

A luz, a escuridade mailo poeirento

sh155walter_z66
Créditos da imaxe e copyright: Herbert Walter, CEDIC Team.

Explicación: esta paisaxe chea de cor abarca unhas tres lúas cheas (1,5 graos) a través dos eidos estelares ricos de nebulosas ao longo do plano da nosa Vía Láctea na norteña constelación real de Cepheus. Preto do bordo da masiva nube molecular da rexión, a uns 2.400 anos luz de distancia, atópase a brillante e avermellada rexión de emisión Sharpless (Sh) 155 na parte superior esquerda, tamén coñecida coma a nebulosa Cova. Cuns 10 anos luz de diámetro os bordos brillantes da cova cósmica de gas son ionizados pola luz ultravioleta das estrelas novas e quentes. As nebulosas azuis e poeirentas tamén abundan no lenzo interestelar debido ás densas nubes escuras de po. O núcleo longo da nebulosa Lynds Dark (LDN) 1210 ancora á escea na parte inferior dereita. As exploracións astronómicas desvelaron outros signos espectaculares de formación estelar, incluíndo a manchiña vermella e brillante de Herbig-Haro (HH) 168. Directamente por baixo da brillante nebulosa Cova, a emisión do obxecto Herbig-Haro é xerada polos chorros potentes dunha estrela recén nada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente