Venres 19 Abril 2024

A galaxia do milleiro de rubís

European Southern Observatory – Procesado e copyright: Robert Gendler.
Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope, European Southern Observatory – Procesado e copyright: Robert Gendler.

Explicación: grande, brillante e fermosa, a galaxia espiral M83 atópase a tan só doce millóns de anos luz de distancia, preto do cumio surleste da constelación, moi longa, da Hydra. Os destacados brazos espirais perfilados por corredores de po escuro e cúmulos de estrelas azuis danlle a esta galaxia o seu nome popular, a Tarabela Meridional. Pero as rexións de formación estelar avermelladas que zarrapican os brazos amplos salientados nesta composición en cores relucentes tamén suxiren outro alcume; a galaxia do Milleiro de Rubís. M83, cuns 40.000 anos luz de diámetro, forma parte dun grupo de galaxias que inclúe á galaxia activa Centaurus A. De feito, o propio núcleo M83 é brillante en radiación de raios X, amosando unha alta concentración de estrelas de neutróns e buratos negros que ficaron dun estourido intenso de formación estelar. Esta definida imaxe composta en cor amosa estrelas bicudas da Vía Láctea en primeiro plano e galaxias máis afastadas ao fondo. Os datos da imaxe foron tirados desde o Telescopio Subaru, a cámara Wide Field Imager do Observatorio Europeo Meridional (ESO) e o Hubble Legacy Archive.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón