Venres 19 Abril 2024

A galaxia agochada IC 342

Créditos da imaxe e copyright: Fabiomassimo Castelluzzo
Créditos da imaxe e copyright: Fabiomassimo Castelluzzo

Explicación: semellante en tamaño ás galaxias espirais, grandes e brillantes da nosa veciñanza, IC 342 está a só 10 millóns de anos luz de distancia na constelación setentrional, de longo pescozo, Camelopardalis. IC 342, un universo illa esparexido, chegaría a ser unha galaxia destacada no noso ceo nocturno, pero está agochada dunha visión clara e só se albisca ao través dun veo de estrelas, gas e nubes de po ao longo do plano da nosa propia galaxia Vía Láctea. Incluso aínda que a luz de IC 342 é atenuada polas nubes cósmicas que se interpoñen, esta fonda imaxe telescópica perfila o po escurecedor da galaxia, os cúmulos de estrelas azuis e as brillantes rexións de formación estelar rosadas ao longo dos brazos espirais que se envolven desde o núcleo da galaxia. IC 342 pode ter sufrido un recente estoupido de actividade de formación estelar e está abondo preto como para ter influenciado gravitatoriamente a evolución do grupo local de galaxias e a Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang