Sábado 20 Abril 2024

A estrela máis próxima ten un planeta potencialmente habitable

Créditos da imaxe e licenza: Y. Beletsky (LCO), ESO, equipo Pale Red Dot.
Créditos da imaxe e licenza: Y. Beletsky (LCO), ESO, equipo Pale Red Dot.

Explicación: a estrela máis próxima ao Sol ten un planeta semellante á Terra. Como se anunciou onte, as observacións recentes confirmaron que este planeta non só existe; tamén habita unha zona na que a temperatura superficial podería permitir a auga líquida, un ingrediente chave para a vida na Terra. Aínda non se sabe se este planeta, Proxima b, ten algunha vida. Aínda que non, a súa capacidade potencial de manter a auga líquida podería facer del unha boa primeira esperanza para as futuras viaxes espaciais da humanidade pola galaxia Vía Láctea. Aínda que a estrela proxenitora do planeta, Proxima Centauri, é máis fría e avermellada có noso Sol, unha das outras dúas estralas do sistema estelar Alpha Centauri é moi parecido ao noso Sol. A imaxe publicada amosa a situación no ceo de Proxima Centauri nos ceos meridionais por tras do telescopio que fixo as primeiras observacións do descubrimento: o telescopio de 3,6 metros do ESO en La Silla (Chile). O planeta descuberto orbita preto; tan preto que un ano aló tarda só 11 días na Terra. O planeta foi descuberto pola colaboración Pale Red Dot do ESO. Aínda quemoi improbable, se Proxima b tivera vida intelixente, a 4,25 anos luz de distancia está abondo preto para unha comunicación de dobre vía coa Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural