Martes 16 Abril 2024

A espectacular coroa da eclipse solar

Créditos da imaxe: J. Vilinga (Angola, IAP), LASCO, NRL, SOHO, ESA, NASA; Procesado: R. Wittich; Composición e copyright: S. Koutchmy (IAP, CNRS).
Créditos da imaxe: J. Vilinga (Angola, IAP), LASCO, NRL, SOHO, ESA, NASA; Procesado: R. Wittich; Composición e copyright: S. Koutchmy (IAP, CNRS).

Explicación: ás veces, unha eclipse total é un bo intre para botarlle unha ollada ao Sol. Aproveitando a xustaposición pouco habitual de Terra, Lúa e Sol, a imaxe publicada representa unha eclipse solar total que aconteceu o mes pasado mentres sucedía, case simultaneamente, tanto desde a Terra como desde o espazo. A parte máis interior da imaxe amosa a eclipse total desde terra, coa pupila central creada polo Sol brillante cuberto por unha Lúa escura en comparación. Ao redor do disco solar bloqueado está a tenue coroa do Sol fotografada en luz branca, visible de xeito doado desde o chan só durante unha eclipse. Normalmente, a coroa é difícil de detectar lonxe do Sol, pero a montaxe publicada encaixa observacións en cores simuladas do Sol desde o Solar and Heliospheric Observatory (SOHO) que orbita o Sol no espazo, pertencente á NASA e á ESA. As observacións coma esta permiten o estudo da actividade magnética constantemente cambiante tanto preto coma lonxe do Sol, a mesma actividade que ultimamente provoca as auroras da Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña