Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SWRI, JPL, ESA, NASA.
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SWRI, JPL, ESA, NASA.

A Cassini achégase a Saturno

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SWRI, JPL, ESA, NASA.
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SWRI, JPL, ESA, NASA.

Explicación: a Cassini, unha sonda espacial automática lanzada en 1997 pola NASA, chegou a estar abondo preto en 2002 para resolver moitos dos aneis e lúas do seu planeta destino: Saturno. Nese intre, a Cassini tirou varias imaxes durante unha proba de enxeñaría. Varias destas imaxes combináronse na composición de cores con contraste salientado que se publica aquí. Os aneis de Saturno e as nubes superiores poden ollarse cara o fondo da imaxe, mentres Titán, a súa lúa máis grande, óllase coma unha manchiña cara a parte superior. Cando chegou a Saturno en xullo de 2004, o orbitador Cassini comezou a rodear e estudar o sistema saturniano. Un momento culminante foi cando a Cassini guindou a sonda Huygens que fixo unha aterraxe sen precedentes sobre Titán en 2005, enviando fotografías polo miúdo. A Cassini, preto agora do remate da súa misión, ten programado embarcarse nunha gran fase final nos últimos meses de 2016 onde se mergullará repetidamente entre o planeta xigante e os seus aneis máis interiores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.