A brillante galaxia espiral M81

Créditos da imaxe e copyright: Ken Crawford (Rancho Del Sol Observatory).
Créditos da imaxe e copyright: Ken Crawford (Rancho Del Sol Observatory).

Créditos da imaxe e copyright: Ken Crawford (Rancho Del Sol Observatory).
Créditos da imaxe e copyright: Ken Crawford (Rancho Del Sol Observatory).

Explicación: unha das galaxias máis brillantes do ceo do planeta Terra é semellante en tamaño á nosa galaxia Vía Láctea: a fermosa e gran M81. A grande galaxia espiral pode atoparse cara a constelación setentrional da Osa Maior (Ursa Major). Esta imaxe magnificamente detallada desvela o núcleo amarelo brillante de M81, os brazos azuis espirais, as rexións de formación estelar cunha desveladora cor rosada e os corredores de po cósmico que se espallan cunha escala comparable á Vía Láctea. Un destacado corredor de po atravesa ben recto o disco á esquerda do centro galáctico, contrario ás outras destacadas características espirais de M81, o que indica un pasado desordeado. O corredor de po errante pode ser o resultado persistente dun encontro achegado entre M81 e a súa galaxia compañeira máis pequena, M82. A inspección das estrelas variablesde M81 levou a unha das distancias mellor determinadas para unha galaxia externa; 11,8 millóns de anos luz. A galaxia anana compañeira de M81, Holmberg IX, pode ollarse xusto por riba da gran espiral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.