Venres 29 Marzo 2024

100 pasos adiante

Créditos da imaxe e copyright: Camilo Jaramillo
Créditos da imaxe e copyright: Camilo Jaramillo

Explicación: unha fermosa conxunción de Venus e a Lúa, un home, area maila Vía Láctea represéntanse nesta paisaxe celeste nocturna desde o planeta Terra. A escena é unha panorámica de 6 fotografías tomadas nun intre preto do remate da xornada. No primeiro plano, os pasos ao longo das dunas con ondas feitas polo vento están preto do oasis Huacachina no deserto ao sudoeste do Perú. A espectacular imaxe final, unha perspectiva fascinante do mundo pola noite, foi escollida tamén coma unha das gañadoras do Concurso Internacional da Terra e o Ceo de 2017 que organiza The World at Night (O Mundo pola Noite).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites