Venres 29 Marzo 2024

A pegada de mulleres científicas en Pontevedra

Unha ruta rende homenaxe ás Investigadoras que modelan a historia da ciencia e da propia cidade

É sabido que Inmaculada Paz Andrade foi unha referente internacional en Microcalorimetría? Que  a botánica Carmen Salinero Corral é unha das maiores expertas en camelia do mundo? Que María Alicia Crespí González foi a primeira catedrática dunha escola técnica superior de España? Que Josefa Fernández López ten adicado anos a investigación do castiñeiro? Ou que Alicia Estévez Toranzo é unha referente internacional en patoloxía e acuicultura?

Este sábado botou a andar A pegada de mulleres científicas en Pontevedra, un roteiro no que se pode atopar resposta a estas preguntas.  O percorrido pon en valor e visibilizará a unha ducia de mulleres científicas, investigadoras e pioneiras, nacidas ou vencelladas á cidade do Lérez, que foron quen de abrirse paso en espazos ocupados por homes, e que con as súas achegas modelaron e modelan a historia e o presente da ciencia.

Publicidade

Son todas elas mulleres referentes nas súas áreas, respectadas e recoñecidas a nivel nacional e internacional e, porén descoñecidas para gran parte da veciñanza.

O roteiro, guiado por Cora Velasco, é unha proposta máis do ciclo A Foto 51, as xornadas promovidas polo Concello de Pontevedra co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, nas que colabora gciencia.com.

O roteiro  A pegada das mulleres científicas en Pontevedra vai dirixido a un público xeral (recomendable maior de 12 anos) e lle quedan por diante tres quendas: este domingo 12  e os días 25 e 26 de febreiro. A saída será sempre ás 11.00 horas dos Xardíns de Colón e tempo de duración aproximado é de 1 hora e 10 minutos. Para participar é preciso anotarse en apuntate.pontevedra.gal, a inscrición é de balde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:02:00

Elena Vázquez Cendón e as vocacións científicas: “A min as mates danme seguridade”

A premio Wonbenburguer 2022 abre ante 400 estudantes o ciclo A Foto 51, organizado polo Concello de Pontevedra co gallo do 11F

Elena Vázquez Cendón: “A fórmula buscada é a igualdade, a solución correcta é o equilibrio”

A premio María Josefa Wonenburguer 2022 abre as xornadas A Foto 51 de Pontevedra, ciencia e reflexión ao abeiro do Día da Muller e a Nena na Ciencia

Carme Fouces: “Neste país a ciencia é un lugar de precariedade”

A concelleira de Cultura de Pontevedra, artífice das xornadas do 11F: “O que pasaba coa Foto 51 segue moi presente na ciencia do día a día”