Xoves 25 Abril 2024

A pegada das científicas en Pontevedra, a vista de roteiro

Porá o foco sobre unha ducia de investigadoras, como son Inmaculada Paz Andrade, Alicia Estévez Toranzo, Isabel Aguirre de Úrcola ou Concepción Arenal

Sabiades que a introdutora da micro-calorimetría en España, Mª Inmaculada Paz Andrade, naceu en Pontevedra? Que na cidade do Lérez naceu tamén Mª Alicia Estévez Toranzo, referencia internacional en acuicultura? Que Mª Elena Vázquez Abal, unha das cinco catedráticas de Matemáticas que hai nas universidades galegas é desta cidade? Que Concepción Arenal viviu no ocaso da súa vida un tempo en Pontevedra? Que Elisa Patiño Meléndez (Chichana), a primeira muller ao mando dun avión, un fito da aeronáutica do ano 1913, era filla desta vila?

Son algúns dos nomes propios do roteiro A pegada de mulleres científicas en Pontevedra, que pon en marcha o Concello de Pontevedra, en colaboración con GCiencia, no marco das actividades organizadas co gallo deste 11F, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

Publicidade

O percorrido

O percorrido visibilizará ata unha ducia de mulleres científicas e investigadoras pontevedresas ou vencelladas á cidade, que foron quen de abrirse paso en espazos ocupados tan só por homes ata que elas chegaron ou que marcan un camiño pola igualdade que non ten volta atrás. Mulleres que son parte da historia, mais tamén do presente de Pontevedra e aínda así, no máis dos casos, unhas descoñecidas para a veciñanza.

O itinerario visibilizará unha ducia de mulleres científicas vinculadas coa cidade

A pegada das mulleres científica en Pontevedra vai dirixido a un público xeral (+ de 12 anos) e desenvolverase en catro quendas: os sábados 12, 19 e 26 de febreiro e o 5 de marzo. A saída é ás 11,00 horas do Xardín de Belas Artes. Ten unha duración aproximada dunha hora con paradas na praza Concepción Arenal, O Campiño de Santa María, a ponte do Burgo, a rúa Rafael Areses e a entrada á Illa das Esculturas.

A camiñada abrirá a porta a reflexionar sobre a invisibilización das mulleres na ciencia, e na historia en xeral, os atrancos que atopan para abrirse paso nun mundo masculinizado e os avances acadados cara a igualdade.

O roteiro é de balde pero as prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse. As persoas interesadas poden facelo a través da web www.apuntate.pontevedra.gal 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

Grandes mulleres científicas que loitaron para romper o teito de cristal

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Katalin Karikó é a flamante gañadora do último...

A UVigo adica febreiro a accións divulgativas polo Día da Muller e a Nena na Ciencia

O programa da Universidade de Vigo polo 11F inclúe obradoiros, feiras divulgativas, charlas e certames