As divulgadoras chaman ás rapazas a rachar cos estereotipos

Paula Otero, Alba Aguión, Carmela Cela e Andrea Muras revindican o papel das mulleres na ciencia no acto central do 11F do Concello de Pontevedra

11F
Un momento do encontro celebrado este xoves no Pazo da Cultura de Pontevedra.

As investigadoras e divulgadoras Carmela Cela, Alba Aguión, Paula Otero e Andrea Muras reivindicaron hoxe a importancia do traballo científico e a necesidade de compartir o coñecemento coa sociedade; denunciaron o nesgo de xénero que persiste no mundo da ciencia mais tamén animaron ás rapazas a rachar cos estereotipos e loitar polos seus sonos. Fixérono no Encontro de Divulgadoras Científicas celebrado en Pontevedra e fronte a un cento de alumnas e alumnos da ESO e Bacharelato que seguiu con moito interese as explicacións sobre o traballo que fan e tamén  as súas reflexións sobre a contorna laboral e social do mundo científico, no que as mulleres van gañando posicións a pesar dos atrancos que teñen polo feito de selo. 

O Pazo da Cultura acolleu o encontro, organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración con GCiencia, co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e que tivo como limiar a entrega de premios do concurso de relatos curtos A muller e a nena na ciencia, no que participaron estudantes da ESO. A gañadora foi Cristina Veiras Troitiño, do IES Valle Inclán,polo seu traballo Pequenas accións, grandes resultados. Julia Martínez Losada, do mesmo centro, recibiu o segundo premio, en tanto que Carmen Portela Medraño do IES Frei Martín Sarmiento, foi galardoada co tercerio. As tres recolleron os premios —cedidos pola empresa galega Primux— das mans do alcalde, Miguel Fernández Lores, quen momentos antes dera a benvida ao alumnado subliñando

O alcalde, Miguel Fernández Lores, entregou os premios as gañadoras do concurso de relatos curtos A muller e a nena na ciencia

A presenza do alcalde e da concelleira de Cultura, Carme Fouces, no acto amosou o compromiso municipal co coñecemento, a ciencia e a igualdade. O Concello de Pontevedra é pioneiro en Galicia na celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que festexa cunha programación especial dende hai cinco anos, sempre en colaboración con GCiencia.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

“No mundo científico fai falla tirar máis pola colaboración e menos pola competencia” apuntou Paula Otero, investigadora predoutoral no Grupo Genomes and Disease do CIMUS e piar da canle de Twitch Ciencia e tal, convencida que existe outro xeito de traballar e tamén a necesidade de divulgar o coñecemento.  Pola súa banda Carmela Cela,  bioquímica do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa do CSIC e promotora da canle de Twitch Ecos de Xigantes, apostou polo achegamento da ciencia á sociedade, unha luva que as mulleres recollen sen medo. “A ciencia estase diversificando e abrindo as portas a que máis mulleres fagan divulgación”, indicou a investigadora que ve nesta tarefa un xeito de devolverlle a sociedade o que investiu e inviste na súa formación.

Alba Aguión (web), investigadora do Future Oceans Lab da UVigo, puxo o foco na realidade na que se moven as mulleres científicas, pois é certo que cada vez son máis as graduadas e investigadoras predoutorais, acadando incluso máis do 50%  nalgunhas especialidades, porén existe un problema aínda non resolto: “A medida que as mulleres avanzan na carreira investigadora van quedando polo camiño”. Nesta “abandono” inflúe, lembrou Andrea Muras, investigadora da Universidade Pública de Navarra e autora da web “Ciencia miúda”, a elección de ser nai. “Hai un conflito: se ti colles a baixa de maternidade sempre vas perder de publicar”, un dos baremos principais á hora de avanzar na carreira científica.

A programación do Concello de Pontevedra co gallo do 11F co roteiro A pegada de mulleres científicas en Pontevedra, que comeza este sábado, día 12, e continuará os días 19 e 26 de febreiro e o 5 de marzo. A saída é ás 11,00 horas do Xardín de Belas Artes. Ten unha duración aproximada dunha hora con paradas na praza Concepción Arenal, O Campiño de Santa María, a ponte do Burgo, a rúa Rafael Areses e a entrada á Illa das Esculturas. Está dirixido a un público xeral (+ de 12 anos) e ten unha duración aproximada dunha hora, con paradas na praza Concepción Arenal, O Campiño de Santa María, a ponte do Burgo, a rúa Rafael Areses e a entrada á Illa das Esculturas.

O roteiro é de balde pero as prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse. As persoas interesadas poden facelo a través da web www.apuntate.pontevedra.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.