A pegada das científicas en Pontevedra: unha ruta polo teito de cristal

O roteiro deseñado polo concello polo Día da Muller e a Nena na Ciencia bota a andar e manterase todos os sábados ata o 5 de marzo

Botou a andar o roteiro A pegada de mulleres científicas en Pontevedra, un percorrido guiado que pon nome e face a unha escolma de investigadoras que son parte da historia e do presente da ciencia, e que naceron ou están vencelladas á cidade do Lérez. Mulleres que foron quen de romper teitos de cristal ou abrirse camiño nun mundo de homes: pioneiras e con traxectorias profesionais coñecidas e recoñecidas internacionalmente e, ao tempo, unhas perfectas descoñecidas para os máis dos veciños e veciñas da capital.

Os participantes no primeiro roteiro, celebrado o día 12, amosaron o seu asombro fronte a carreiras dunha científicas “de proximidade” das que, en moitos casos, nin escoitaran falar. Como a física e introdutora da micro-calorimetría en España, María Inmaculada Paz Andrade; a microbióloga e referente internacional en acuicultura Alicia Estévez Toranzo; María Elena Vázquez, matemática e experta en xeometría diferencial; a arquitecta e paisaxista Isabel Aguirre de Urcola; Teresa Táboas, tamén arquitecta e investigadora social; a pioneira da aviación Elisa Patiño ou a química María Alicia Crespí González.

O roteiro  pecha o programa de actividades organizadas polo Concello de Pontevedra, en colaboración con GCiencia, co gallo do 11F, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por diante ten, aínda, tres novas quendas: os sábados 19 e 26 de febreiro e o 5 de marzo.

A saída é as 11.00 horas do Xardín de Belas Artes e ten unha duración aproximada dunha hora, con paradas na praza Concepción Arenal, o Campiño de Santa María, a ponte do Burgo, a avenida Rafael Areses e a Illa das Esculturas.  Vai dirixido a un público xeral (+12 anos) 

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse. As persoas interesadas poden facelo na web www.apuntate.pontevedra.gal 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.