Xoves 28 Marzo 2024

‘O castro do monte Trega é o máis importante do Noroeste peninsular”

O arqueólogo Rafael Rodríguez, da Deputación de Pontevedra, dirixiu a última campaña de escavacións no castro do monte Trega. Fala dun dos mellores xacementos do Noroeste da Península. E do achado dunha cabeza pétrea que representa un guerreiro da Idade do Ferro, e que se empregaba con fins máxicos, na crenza de que a súa alma protexía aos habitantes do castro.

Moeda romana atopada na última escavación.
Moeda romana atopada na última escavación.

-Cal sería o achado máis notable da campaña de escavacións que inclúe este programa?

Publicidade

-Hai varios. Pero destacaría no Trega a aparición dunha cabeza de pedra. Non hai demasiadas en Galicia. Moi poucas atopadas nun contexto arqueolóxico. Aparece vinculada a un elemento defensivo: a muralla. Son representacións de cabezas cortadas de guerreiros inimigos, que están para protexer a ese pobo. Parecen crer que a alma dos guerreiros valentes que foron vencidos pode protexerlles tamén a eles.

-Que importancia ten o castro do Trega?

-É o máis importante do Noroeste da Península. Tiña unha gran poboación. E elementos singulares que amosan prosperidade.

Volve o debate sobre os celtas, pero eu defendo a denominación ‘galaicos’

-O Celta é un club de fútbol e foi unha marca de cigarros… Pero, en arqueoloxía, segue a haber debate sobre se en Galicia houbo celtas?

-Volve rexurdir con forza o debate sobre os celtas. Pero hai que matizar. O Noroeste foi un punto moi permeable culturalmente. Estamos a catro días de navegación de Inglaterra e a catro de Cádiz. Non somos celtas, pero si estamos en contacto co mal chamado mundo celta. Hai pezas da celtiberia en castros de Galicia. Por exemplo, en Lalín e en Castro Landín apareceron elementos. Pero hai contactos coa Celtiberia, como os hai co mundo púnico, con Cartago, máis tarde con Bizancio, co norte de África… Non só os celtas, senón tamén outros pobos trouxéronnos a súa cultura.

-Como arqueólogo, que nome asignaría entón a eses pobos castrexos?

-Nós somos o mundo galaico. Non temos que ser outra cousa. Os romanos definíannos como “Gallaicoi”. E xa está. Galaicos. Eramos iso. Con influencias do Atlántico e do Mediterráneo, doutras culturas. Noutra época buscaron o mundo celta como referente, por un interese do século XIX. Pero a realidade é que non necesitamos apelidos doutros. Eramos galaicos. Esa é a miña opinión.

11 COMENTÁRIOS

  1. Também quereria saber se este comentário:
    “Sorprendente….01/08/2016 En que carallo de idioma escriben vostedes? Menuda panda de retrasados, un debate tan interesante e a o mesmo tempo tan inintelixible. Unha lástima.”
    Se ajusta a isto:
    GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.
    GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

    • O mesminho pensei eu, Kallaikoi.
      De resto, se o senhor que escreveu isso é incapaz de reconhecer o idioma em que esses comentários estão escritos, se calhar deveria pensar quem é realmente o retrasado.

  2. Esta entrevista é a opinião dum arqueólogo dos anos 50 do século XX mas os geneticistas e espertos em Dinâmica de Populações dizem que os vínculos com as Ilhas Britânicas e o mundo Atlântico são todos… Os vínculos com o Mediterrâneo são os outros bem diferentes, mais longínquos e menos familiares.

  3. En que carallo de idioma escriben vostedes? Menuda panda de retrasados, un debate tan interesante e a o mesmo tempo tan
    inintelixible. Unha lástima.

  4. Se no cultíssimo 😉 s. XX os “carpetovetónicos” e “mesetários” chamavam a todos os nórdicos “suecos”, e se os “sudacas” ainda chamam a todos os espanhóis “gayegos”, e se todos os asiáticos orientais são “chinos” ;-), e assim por diante, podemos supor que a confusão dos etnónimos é universal. Acho que a Teoria da Continuidade Paleolítica diria que os habitantes daqui eram celtas, sim, mas que os celtas não se espalharam de leste e norte para sul-oeste, mas de oeste (aqui) para nordeste. Não é assim?

  5. Se me dissessem que estou a ler uma entrevista de há 30 anos, acreditava mesmo. O de “somos galaicos porque assim o disseram os.romanos” é demais.
    Mas pronto, nesta mesma página lim, para o meu espanto, que o Facho de Donom, entre outros restos arqueológicos, eram de origem fenícia. Assim sendo, não admira encontrar cousas como esta.
    Ora, essa mania de associar celtismo com romantismo “demodé” é que me chateia especialmente. Até porque há literatura acerca deste tema, bem interessante e até gratuita.

  6. Sim, mas antes de os romanos nos chamarem de algo nós já tínhamos nome. E o senhor arqueólogo deveria saber que numa estela tartéssica, do sudoeste peninsular, um habitante desta nossa zona a que agora chamamos de Galiza e Norte de Portugal, foi dito como sendo da Kaltia/Galtia.

  7. Os romanos chamaton-nos galaicos e ja está. Claro, nem Plinio nem Estabom nem Mela etc etc nos chamatom celtas… E fica tam pancho. Depois o da cabeça petrea da muralha em idade de ferro lhe damos essa interetaçom de atribuçom profilática em base a que? Ao que ocorre com as que aparecem na idade de ferro céltica no mesmo contexto? Atribuir todo isto aomovimento tardo-romántico do XIX obviando aportaçons ciéntificas posteriores é tam patético como seguir chamando-lhe “castrexo” a todo isto.

    • Não. A forma etimológica é “Kallaikoi” e “Kallaikia”. A homonímia com a raiz de “Galli” só veio a produzir-se desde que o k- inicial (por causas ainda debatidas) sonorizou.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Illa de Tambo, un tesouro arqueolóxico por descubrir: “Os achados apuntan a un complexo ermitán”

A Xunta deu permiso para desbrozar en San Fagundo, o punto máis alto de toda a illa. De momento atopáronse unha capela e restos do que podería ter sido outro inmoble

Que é a lexionela? A bacteria que agroma en Galicia e Portugal sen que se coñeza o foco

O bacilo deixa 18 casos no Rosal, A Guarda e Caminha. Secuenciaranse mostras para determinar se existe relación entre os gromos

Galicia superará os 40 graos durante a cuarta onda de calor da península

O sur de Pontevedra a Ourense serán as zonas máis afectadas durante un episodio de calor intenso que durará ata o xoves

Unhas xornadas afondan en como creatividade e innovación xeran un futuro máis sostible

Celebraranse este mércores 24 na Casa das Campás, en Pontevedra, ao abeiro do programa "Ciencia de ida e volta" impulsado pola UVigo