Castro de Troña, en Ponteareas.

Castro de Troña, en Ponteareas.

En busca da pegada Galaico-Romana

Percorremos nun especial o rico patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra a través de reportaxes, entrevistas, galerías e infografías interactivas

Galicia atesoura un rico patrimonio arqueolóxico. Dende as mámoas e petroglifos do Neolítico ata as construcións da Idade do Ferro, o país é un ‘confín dos verdes castros’ cargado de historia. GCiencia sae en busca da pegada Galaico-Romana na provincia de Pontevedra, nun especial que recolle entrevistas, reportaxes, galerías fotográficas e completas infografías interactivas para descubrir as rutas do pasado e as paisaxes do presente.

No noso novo microsite “En busca da pegada Galaico-Romana”, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, percorremos 18 xacementos na provincia pontevedresa. De plácidos poboados xunto ao mar, a castros fortificados nos altos cumes. Desde asentamentos comerciais aos dedicados á salgadura de peixe. Do mundo castrexo ao mundo romano. Cada cal dá acubillo a súa propia historia e todos teñen un trazo distintivo que convida a coñecelos todos.

‘Por número de xacementos da Idade do Ferro somos un fenómeno mundial’, explica Rafael Rodríguez, arqueólogo provincial, quen aposta por “converter os castros nun gran atractivo turístico”.

Aquí podes ver o especial ‘En busca da pegada Galaico-Romana’:

En busca da pegada galaico-romana

Unha resposta a “En busca da pegada Galaico-Romana”

  1. rosa martinez gandod

    A Igrxia de. SAN CIDRE, CAMPO LAMEIRO, CREO QUE E PRERROMANICA E A PONTE DO SERRAPIO, OU DR PARADA DE MONTES. NESA ZOA, AI YACIMENTOS PALEOLÍTICO, NAS LAGPAS, E QUERRIA SABER A IGRXIA DE SALCEDA DE CASELAS, BUDIÑO QUE SIGNIFICA NA FACHADA O SIMBOLO, O PARROCO E NOVO E DESCOÑECIA, EU CREO QUE NON E UN SIMBOLO CRISTIAN, NON TEN CRUZ, PODE SER SIMBOLO RURAL PREROMANICO?
    En Campo Lameiro As Lagoas Cicerón unha ruta para visitar as figuras rupestres, creó que funciona un museo virtual, pero as figuras do serpe e de difícil acceso,,, ,

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.