O parque Nacional Illas Atlánticas foi un lugar excepcional para asentarse e defender a costa entre os séculos XVI e XVIII. Na actualidade conta con numerosos xacementos arqueolóxicos catalogados. Segundo os expertos, son de primeiro nivel, e o ano pasado descubriuse un importante xacemento romano en Sálvora. O equipo investigou uns restos de cerámica. A súa hipótese é que, baixo as dunas da illa, existe unha fábrica de salgadura, pero aínda están na súa busca.