Xa un de cada 30 bebés non está vacinado

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, puxo en marcha a campaña A vacinación protéxeche a ti e protéxenos a todos, que destaca os beneficios das vacinas, que salvan ata tres millóns de vidas cada ano no mundo e permitiron erradicar enfermidades como a poliomielitis.

Segundo informou Sanidade nun comunicado con motivo da Semana Europea de Vacinación, mediante esta campaña búscase concienciar á poboación e aos profesionais sanitarios da importancia das vacinas. O Ministerio e as asociacións de profesionais sanitarios acordaron intensificar a promoción de actividades como a campaña de gripe para a tempada 2016-2017, o apoio aos programas de eliminación do sarampión e a rubeola e a vacinación dos profesionais sanitarios, que é “un dos retos aos que se enfronta o Sistema Nacional de Saúde”.

Publicidade

Dentro desta campaña, Sanidade lembra que as vacinas axudan a combater as enfermidades facendo posible incluso a súa erradicación, e que pode previr complicacións de enfermidades infecciosas, e mesmo algúns tipos de cancro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.