O vídeo da balea azul en augas de Galicia

A finais de verán e comezos de outono de 2017, as augas galegas viviron unha excepcional presenza de exemplares de balea azul preto da costa. Varios afortunados tiveron a oportunidade de velas de preto, e captar imaxes que correron rapidamente por internet. Este é o vídeo do avistamento realizado durante unha xornada de traballo polo Bottlenose Dolphin Research Institute, con base no Grove. Atoparon un  exemplar de Balaenoptera musculus, o terceiro que se vía en apenas un mes despois dos realizados na boca da ría de Muros e Noia e outro a unhas dez millas de Ons.

Os biólogos do BDRI acompañaron á balea e ao resto do ‘séquito’ de rorcuais comúns, golfiños e toniñas durante dúas horas nas inmediacións de Corrubedo. Xunto á xigante azul nadaban outras cinco baleas comúns (Balaenoptera physalus) e preto dun cento de golfiños comúns e toniñas, segundo conta na súa páxina de Facebook o BDRI.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.