Así pasa a auga polos tres estados nunhas décimas de segundo

Como é posible que a auga pase polos tres estados en apenas unhas décimas de segundo? Durante as pasadas semanas, coincidindo coa vaga de frío extremo que percorreu os Estados Unidos e Canadá, circularon pola rede numerosos vídeos nos que as persoas lanzaban ao aire caldeiros de auga fervendo que, de forma instantánea, cristalizaba formando unha nube de xeo.

O fenómeno explícao no vídeo sobre estas liñas National Geographic. No coñecido punto triplo da auga, a 0,01 ºC,  a auga pode cambiar de estado (sólido, líquido ou gasoso) con pequenos cambios de presión. Así, se se pon auga a ferver, as moléculas comezan a separarse ata que se vaporizan e se converten en estado gasoso. Se neste momento lanzamos a auga ao aire, as pequenas gotas, a unha alta temperatura, convértense en vapor ao entrar en contacto co aire moi frío. Pero nese mesmo momento, como o aire arrefría rapidamente o vapor, a auga licúase e, case de xeito instantáneo, convértese en cristais de xeo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.