O fenómeno da ardora alumea a ría de Vigo neste vídeo publicado por Sailway Charter nas proximidades das illas Cíes.
A ardora é un fenómeno natural de bioluminiscencia, polo que o mar corusca cunha luz procedente de bacterias como a Vibrio harveyi, asociadas ás algas e ó plancto. Popularmente coñecido polos mariñeiros, a ardora chegou á literatura a través de Xulio Verne, na súa obra ‘20.000 leguas baixo dos mares’, pero non foi ata o ano 1915 cando os científicos comezaron a estudar o fenómeno, que hoxe está perfectamente documentado.