Unha nova vida para os leóns do circo


Este mércores entraba en vigor en México unha nova lei que prohibía aos circos utilizar animais silvestres nos seus espectáculos. Unha medida -aínda inexistente nalgúns países europeos como España– que tería mellorado a vida de Reza, un león que tras deixar de ser útil quedou confinado durante 13 anos nunha gaiola de 3×1,5 metros en Francia.

Ao igual que Reza, en Europa hai centos de tigres e leóns -usados en circos, anuncios, películas ou contrabando- que adoitan estar encerrados en pequenas gaiolas nas que non se atenden ás súas necesidades básicas. Un dos principais problemas para a súa rehabilitación é a falta de centros de rescate apropiados.

Publicidade

Para solucionar esta deficiencia, AAP Primadomus en Villena (Alicante) abriu as súas portas a estes grandes felinos. Os seus primeiros inquilinos son o propio Reza, a leoa Aya e a parella de tigres Jai e Radja.

Tras ser rescatados dun circo francés en quebra en maio de 2015, foron atendidos polos problemas físicos e emocionais que a súa anterior vida lles causou. Unha vez recuperados, estes animais gozan xa das instalacións ao aire libre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.