Un vídeo para presumir do can de palleiro

‘O can ideal’. Así presume o Club de Raza Can de Palleiro dende a súa sede en Narón. Para promocionar esta raza autóctona galega, empregado como pastor, realizaron este vídeo en castelán, no que se presenta a unha nena recén chegada a Galicia que descobre o can de palleiro como o seu compañeiro cuadrúpedo ideal. O vídeo conta tamén con esta versión dobrada ao galego.

O can de palleiro é unha raza autóctona galega que debe o nome a que adoitaba durmir no palleiro da casa, e tiña as funcións de pastor e garda. Actualmente, segue a prestar grandes servizos como can guía, para terapias, axuda a discapacitados e can de salvamento.

4 respostas a “Un vídeo para presumir do can de palleiro”

  1. Amdre Escudeiro

    Se alguén ten algún interés real nesta materia, recomendolle que procure buscar información no eido da Etnoloxía veterinaria.
    Tódalas raza domésticas (incluidas as de cans) teñen unha orixe e evolución semellante a que aquí se discute. Neste caso a estandarizacion foi mais recente, pero paradoxicamente bastante ben estudada, xa que foi conicida en gran medida por académicos.
    Se alguén ten interés no aspecto político do comentario de Alfredo, recomendolle afondar no eido das antroloxía social, e fenómenos “patolóxicos” coma a xnofobia e o autoodio

  2. Lorigados

    Algúns vedes nacionalistas subidos aos pinos! Efectivamente, “can de palleiro” era a expresión utilizada para designar calquera can xenérico. Acontece que, antes de chegaren as razas modernas, xa existían cans aquí, como en toda Europa. Obviamente, estes cans adaptábanse á función que se esperaba que desenvolvese, polo que existían varias razas diferentes (o mesmo que acontece coas vacas, galiñas, etc.). Cando chegou o momento de recuperar o tipo máis común de can primitivo galego houbo que buscarlle un nome, polo que alguén decidiu recorrer a esa expresión.

  3. Alfredo

    Todo es una invención de corte nacionalista. Para empezar siempre se denominó “can de palleiro” al mestizo genérico que se ve por las aldeas, en cierto modo de forma despectiva. Luego es fácil comprobar de quienes se dicen poseer genuinos “can de palleiro” que morfológicamente tienen muchas diferencias entre sí. Ahora aparecen quienes afinar más y denominar a la supuesta raza “pastor galego”, como el de vídeo de Gadis. La idiosincrasia del habitante del rural gallego no es propicia para mantener una raza de perro sin mezclas ni modificaciones.

    • Brais Vigo

      haha ti ao teu meu. Nós a defender a identidade e riqueza cultural galega por moito que amole a ratiños casteláns coma ti.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.