A Terra, en ultra alta definición desde o espazo

A Axencia Espacial Europea (ESA) difundiu este espectacular vídeo en ultra alta definición da Terra vista dende a Estación Espacial Internacional (EEI). Estas imaxes foron gravadas polo astronauta alemán Alexander Gerst cunha cámara a unha resolución de 4.256 por 2.832 pixeis. No vídeo están reproducidas 25 veces máis rápido do que as puido percibir o cosmonauta.

Esas fotografías de alta calidade están enlazadas cunha cadencia de 25 tomas por segundo dando lugar a un vídeo nunha definición coñecida como Ultra HD ou 4 K.

No traballo pódense considerar auroras boreais, cidades iluminadas de noite ou o movemento dos corpos celestes dende a EEI. A gravación permite tamén ver como a cápsula orbital Cygnus se desprende do laboratorio espacial para regresar á Terra, informa a axencia SINC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.