Sobrevoando o faro da illa Pancha

Sobrevoar a illa Pancha, en Ribadeo. Iso é o que nos propón Higlanderbrown na rede dronestagram. Este vídeo, realizado cun drone Phantom 3, ofrece unha perspectiva aérea desta illa situada na saída da ría de Ribadeo e comunicada con terra firme por unha pequena ponte.

 

O vello faro de Illa Pancha, construído en 1857, preside este illote de 1,1 hectáreas. O novo faro, na zona norte, é do último cuarto do século XX. En abril de 2017, comezaron a funcionar no vello faro unhas instalacións turísticas habilitadas como hotel, que contaron con forte oposición veciñal por afectar á Rede Natura.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.