‘Seis pasos para falar malpicán’, un vídeo de premio con gheada e seseo

Os alumnos do colexio Urbano Lugrís de Malpica veñen de gañar unha mención especial no certame Youtubeiros, organizado polos servizos de Normalización Lingüística das tres universidades galegas, xunto a varios concellos de Galicia.

O vídeo é toda unha homenaxe ao seseo implosivo e á gheada, que forman parte da variante dialectal dos malpicáns. ‘Seis pasos para falar malpicán’ está protagonizado polos propios alumnos do centro educativo.

Os premios principais do certame foron para un vídeo opinativo sobre a problemática da praga da couza guatemalteca e un videotitorial de como facer un guiso anti-San Valentín. O Teatro Principal de Ourense acolleu este venres a gala de entrega de premios desta iniciativa que naceu coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego en Internet, concretamente na canle de YouTube, co fin último de fomentar a presenza e o uso deste idioma na rede.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.