Queres ir a Marte? Apúntate aquí!

A NASA busca astronautas que queran ir ao planeta Marte. Semella que non hai candidatos dabondo para unha viaxe demasiado complicada para a tecnoloxía da actualidade. Non só polos efectos da ingravidez a longo prazo. Tamén por que non sería doado evitar unha exposición prolongada á radiación.

Así que a axencia espacial dos Estados Unidos vén de lanzar a campaña “We want you” (Querémoste), para seleccionar astronautas dende o vindeiro 14 de decembro ata mediados de febreiro. No vídeo, o administrador da NASA, Charlie Bolden, emula ao Tío Sam e pide á poboación civil que se involucre na conquista do espazo.

A NASA xa está a facer estudos para saber como reaccionaría o noso corpo a unha viaxe tan longa. O obxectivo é pisar solo marciano na década do 2030, e pretenden anunciar en 2017 quen serán os cidadáns que se unirán á carreira espacial para, tal e como dixo Bolden, inspirar a unha nova xeración como o fixeron os que pisaron Lúa por primeira vez.

Sobre o que non existen dúbidas é sobre a capacidade da NASA de promocionarse a si mesma. E de facer campañas impactantes para que se fale da axencia espacial norteamericana e, deste xeito, non ver aínda máis recortado o seu orzamento, xa tan minguado que lembremos que na actualidade, tras a xubilación dos transbordadores, non dispoñen nin sequera dunha nave espacial propia e teñen que alugar as Soyuz rusas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.