Premio Prismas para a coreografía dos científicos do IRB de Barcelona

Os premios Prismas, que conceden os Museos Científicos Coruñeses, son os máis acreditados en información e divulgación da ciencia. A entrega de galardóns celebrouse esta fin de semana no casa do Concello da Coruña. E o premio ao mellor traballo en vídeo foi para un auténtico fenómeno viral: a coreografía que no 2014 tivo centos de miles de visitas en Youtube e protagonizada por científicos do IRB de Barcelona. Presentado polo Institut de Recerca Biomèdica de Barcelona, o xurado valorou a súa calidade e o feito do seu éxito de visitas nas redes sociais.

Instituto de Investigación Biomédica (IRB Barcelona), centro da Generalitat de Catalunya con selo de Excelencia Severo Ochoa dende 2011, animou ao seu persoal a danzar Safe and Sound (Sanos e salvos), a popular canción de 2011 do grupo norteamericano Capital Cities.

Publicidade

O vídeo foi a base da campaña de micromecenazgo para concienciar á poboación sobre os retos científicos clave da investigación no IRB: cancro, alzhéimer e diabetes.

A producción do vídeo foi financiada íntegramente por proveedores docentro (Banc Sabadell, Sanofi, Eppendorf, Fisher Scientific, Promega, PanReac AppliChem ITW Reagents, Sigma-Aldrich y Cultek) y participaron na súa producción máis de 100 personas.

O obxectivo final foi acadar fondos para investigación, mediante doazóns de particulares e a través da publicidade en Youtube. Dunha banda a iniciativa permite facer máis próxima a ciencia á sociedade en xeral. Doutra banda, tamén convida a reflexionar sobre a falta de fondos para investigación e o que os científicos teñen que facer actualmente para conquerilos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.