Miles de peixes mortos en augas de Toralla, na ría de Vigo

O investigador vigués Manuel E. Garci volve sorprendernos cun vídeo submarino que serve como denuncia. Miles de peixes aparecen mortos no fondo mariño da illa de Toralla, na ría de Vigo. Trátase, segundo explica no audiovisual, de caballóns, unha especie de baixo interese comercial. “Estamos seguros de que a súa morte non foi por motivos naturais”, subliña o mergullador, que especula con que a causa do ‘triste espectáculo’ sexa que un barco pesqueiro botou pola borda unha captura.

A publicación do vídeo en Facebook iniciou un debate en que algúns comentarios apuntan a esa como a hipótese máis probable: “O escaso valor comercial da captura fixo que o pescador se desfixese da mesma”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.