Orión: así é a entrada dunha nave espacial na Terra

Poderiamos pensar que se trata dun fragmento inédito da Odisea do Espazo de Stanley Kubrick ou mesmo da Árbore da Vida de Terrence Malick ou a máis recente Interstellar de Christopher Nolan. Pero non. Este fermoso vídeo son imaxes reais da NASA dos dez últimos minutos da nave Orión reingresando na Terra. A axencia espacial estadounidense difundiu este vídeo gravado durante o regreso da nave a través da atmosfera terrestre, durante a súa proba de voo do pasado 5 de decembro.

O vídeo comeza 10 minutos antes da amaraxe de Orión no Océano Pacífico, xusto cando empeza a experimentar a atmosfera da Terra, e viaxa a máis de 30.000 quilómetros por hora. A calor da fricción causada polo rozamento da atmosfera contra o escudo térmico de Orión prodúcese menos de dous minutos máis tarde. Finalmente, o vídeo prosegue mostrando o despregamento dos paracaídas de Orión e o mergullo final no mar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.