O vídeo da NASA do furacán Ofelia e os incendios en Galicia

A NASA publica unha espectacular animación na que vemos ó furacán Ofelia interactuando co fume dos incendios en Galicia no mes de outubro. O seguimento dos aerosois transportados polos ventos permite aos científicos ver as correntes na nosa atmosfera. Esta visualización segue o sal mariño, o po e o fume, para revelar como estas partículas son transportadas a través do mapa.

O máis interesante deste vídeo para Galicia chega a partires do minuto 1.25, cando vemos o Ofelia en acción achegándose a costa galega, da que emerxen grandes columnas de fume.

O furacán Ofelia foi especialmente atípico. Nunca antes un ciclón desta forza chegou tan ao Leste, de xeito que a súa influencia se notou mesmo en Galicia. Ofelia viaxou cara ao leste recollendo o po do Sahara e o fume dos grandes incendios.

As simulacións por computadora que usan os modelos GEOS permiten aos científicos ver como os diferentes procesos encaixan e evolucionan como un sistema. Ao utilizar modelos matemáticos para representar a natureza, poden separar o sistema en partes compoñentes e comprender mellor a física subxacente de cada un.

GEOS execútase na supercomputadora Discover no Centro de simulación climática da NASA (NCCS).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.