O tránsito de Mercurio en directo

O observatorio do Teide ofrece en vivo as máis de sete horas deste fenómeno astronómico

Hoxe, luns 9 de maio, a canle YouTube do Instituto de Astrofísica de Canarias retransmite en vivo as observacións que realizan os seus profesionais desde as torres solares localizadas nos Observatorios do Teide e do Roque de los Muchachos.

Mercurio, a Terra e o Sol estarán aliñados completamente. Durante un período de sete horas e media (entre as 13:12h e as 20:42h), o disco escuro de Mercurio a contraluz percorrerá o cegador disco da nosa estrela, o Sol. Este fenómeno pouco frecuente dáse unhas trece veces por século e as próximas ocasións serán en 2019 e 2032.

Aínda que é visible desde toda a península Ibérica, resulta imposible a súa observación sen a utilización dun telescopio debido ao pequeno tamaño do planeta.

Durante un tránsito pódense destacar tres períodos crave. O primeiro, o ingreso, que vai desde cando o disco do planeta toca exteriormente o disco luminoso do Sol ata que termina de entrar no disco solar. O segundo, xusto no medio, onde  a distancia entre o planeta e o Sol é mínima. E o terceiro, a saída, é o período comprendido entre o contacto interior do bordo do planeta co bordo do disco do Sol ata a súa desaparición do mesmo. Os momentos precisos de cada un destes eventos dependen da posición do observador sobre a Terra, podendo variar nun par de minutos como máximo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.