O Solar Impulse II sobrevoa o Golden Gate

O Solar Impulse II, o avión propulsado exclusivamente por enerxía solar, aterrou onte en Mountain View, a localidade californiana coñecida por ser a sede de Google, tras atravesar o océano Pacífico dentro do seu intento por ser a primeira aeronave deste tipo que dá a volta ao mundo. A nave tomou terra ás 8.45 do domingo (hora española) tras sobrevoar a baía de San Francisco e a emblemática ponte Golden Gate.

Aquí está o vídeo que amosa a chegada do espectacular Solar Impulse II á costa oeste de América tras da súa viaxe atravesando o océano Pacífico.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.