O mellor vídeo da Lúa pasando diante da Terra


A Cámara de Imaxe Policromática da Terra (EPIC) instalada pola NASA a bordo do Observatorio Climático do Espazo profundo (DSCOVR) captou unha vista única da Lúa mentres atravesaba o lado iluminado da Terra. Unha serie de fotografías -tomadas dende máis dun millón e medio de quilómetros de distancia- mostra a ‘cara escura‘ do satélite, que non é visible dende o noso planeta.

As imaxes foron captadas o pasado 16 de xullo, durante un intervalo de catro horas, e amosan á Lúa desprazándose sobre o océano Pacífico, preto de Norteamérica. O Polo Norte atópase na esquina superior esquerda do vídeo, reflectindo a inclinación da órbita da Terra.

Publicidade

“Sorprende canto brilla a Terra en comparación coa Lúa”, asegura Adam Szabo, científico do Proxecto DSCOVR. “Comparado coa superficie lunar, o noso planeta é realmente un obxecto brillante nun espazo escuro”, conclúe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.