O maior cerebro de Galicia quere ser aínda máis potente

O súpercomputador "Finisterrae" do Cesga comeza en 2014 a súa gran actualización

O maior cerebro de Galicia quere ser aínda máis grande. Seis anos despois da súa inauguración, o Súpercomputador “Finisterrae”, do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), será actualizado en 2014 para volver á elite europea da capacidade de cálculo.

Na súa estrea en 2007, o “Finisterrae” estivo no Top 100 dos grandes ordenadores do mundo. E aínda hoxe en día é unha máquina de alto nivel, que utilizan cada día unha media de 500 investigadores.

O “Finisterrae” axudou a descifrar o xenoma, executa os complicados modelos de predición do tempo para Meteogalicia e foi parte dos cálculos para descubrir o bosón de Higgs.

O director do CESGA, Javier García Tobío, anúncianos en entrevista para GCiencia a actualización do “Finisterrae” e fálanos dun centro de computación, situado en Santiago, que se mantén en vangarda mundial.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.