O espectacular documental sobre o choco na ría de Vigo

Os biólogos Manuel Garci e Jorge Hernández Urcera proxectan no Festival de Cine Submarino o seu premiado traballo

O Festival de Cine Submarino de Vigo abriu a súa XXVI edición cun espectacular documental dirixido polos biólogos Manuel Garci e Jorge Hernández Urcera. Trátase de ‘O choco: baixo as ondas da enseada de San Simón’. Esta curtametraxe recibiu o segundo premio no Festival de Cinema Submarino de Donosti no 2015. Cunha duración de 18 minutos, amosa a vida do cefalópodo e destaca a ría de Vigo como un ecosistema perfecto para a vida destes cefalópodos. Este traballo foi feito ao longo do ano 2013 e principios do 2014 e supuxo máis de cincuenta horas de gravación baixo a auga e moitísimas máis de preparación e montaxe.

Na produción da curtametraxe documental partiipou o propio Concello de Redondela, Ría de Vigo-A Guarda-Grupos de Acción Costeira, Zona 7, MAGRAMA, Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural e do Mar) e Unión Europea (Fondo Europeo de Pesca).

A enseada de San Simón está declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e ZEPA (Zona Especial de Protección para as Aves ), proposta para a Rede Natura 2000

 

2 respostas a “O espectacular documental sobre o choco na ría de Vigo”

  1. carlos masso de ariza

    Como Oceanografo biologo que he sido, mis mejores felicitaciones a tan impresionante documental . Animaros a seguir con otras especies como la necora, el longueiron, el centollo etc.
    Un saludo afectuoso de este jubilado con tantos recuerdos de la terriña
    carlos Masso

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.