O Castro de Viladonga é un castro galaico-romano realmente espectacular. Situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei (Lugo) está localizado sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá.
Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
Este espectacular vídeo de HtC Drone amósanos unha perspectiva aérea sobrevoando este singular castro.
Hola me gusta mucho iré verlo en sito