O día a día dunha astronauta na Estación Espacial Internacional

Samantha Cristoforetti é a primeira muller astronauta italiana. Atópase na Estación Espacial Internacional, onde está realizando experimentos sobre a ingravidez. A Axencia Espacial Europea (ESA) publicou este vídeo do seu día a día. Ademais de facer exercicio para manterse en forma, Cristoforetti encárgase de poñer as ferramentas a punto, arranxar pequenas eivas, recoller datos e medicións e lanzar pequenos satélites ó espazo. En total, a astronauta traballa 40 horas por semana.

A Estación Espacial Internacional dispón de tres laboratorios con tecnoloxía de última xeración nos que se desenvolven investigacións en física, bioloxía, xeofísica e medicina. Trátase do laboratorio europeo Columbus, o xaponés Kibo e o estadounidense Destiny.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.