O conflito entre preservación medioambiental e desenvolvemento económico

O conflito entre preservación medioambiental e desenvolvemento económico maniféstase en todo o planeta. Divulgare, dentro do proxecto ‪Arcopol‬, está documentando este problema nun lugar emblemático: a baía de Vancouver, en Canadá.

O proxecto Arcopol está financiado polo Programa Transnacional Espacio Atlántico co obxectivo de reforzar a capacidade de prevención e resposta das rexións atlánticas ante episodios de contaminación marina accidental no Arco Atlántico causados por hidrocarburos ou por substancias nocivas e potencialmente perigosas, a través da transferencia de tecnoloxía, da formación e da innovación. Un total de doce organizacións de Reino Unido, Irlanda, Portugal e España participan neste proxecto, incluídos o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño INTECMAR e a Universidade de Vigo.

Divulgare é a factoría de curtas do Laboratorio de evolución e ecoloxía da Universidade de Vigo, cuxa aposta é pola divulgación da ciencia para poñela ao alcance de todos os públicos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.