O ciclo vital do Anisakis

O Anisakis é un problema de saúde emerxente a nivel mundial e a maior causa subxacente de reaccións alérxicas de tipo alimentario en España. Os expertos aconsellan conxelar ou cociñar correctamente o peixe para minimizar os riscos de consumir produtos de pesca con este parasito.

Co obxectivo de determinar cal é o grao de exposición ao risco de infección que afrontan a poboación en función dos seus hábitos de consumo de peixe e a súa percepción sobre este parasito, púxose en marcha o proxecto Parasite, no que participan 21 socios europeos coordinados dende Galicia polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), que está a solicitar información, a través dunha enquisa dirixida aos consumidores maiores de idade, sobre o coñecemento que teñen acerca do Anisakis.

Publicidade

Este vídeo amosa dun xeito moi ilustrativo como é o ciclo vital do Anisakis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.