A neve chega ás portas do Sahara

As condicións de baixas temperaturas e precipitacións en forma de neve que afectan estes días a Europa chegan tamén ata as portas do deserto do Sahara, un dos lugares máis calorosos da Terra. Os arredores da vila de Aïn Séfra, ao noroeste de Arxelia, nas estribacións da cordilleira do Atlas Saharaui e xa moi preto do deserto, amenceron estes días cubertos de neve.

Segundo os relatos recollidos por varios medios, chegaron a acumularse nalgunhas zonas máis de 15 centímetros. Estas estranas condicións débense á proximidade das capas de aire frío que chegaron ata o Mediterráneo. A cordilleira do Atlas, que supera nalgúns puntos os 4.000 metros de altitude, é precisamente unha das responsables da aridez do Sahara, debido a que frea as correntes húmidas procedentes do mar Mediterráneo. Non en tanto, ás veces estas correntes penetran ata a parte máis meridional do Atlas, ás portas do gran deserto.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.