Meteoritos do cometa Encke caen sobre a península Ibérica

Unha gran bóla de lume, máis brillante que a Lúa chea, alumou este mércores as costas mediterráneas durante uns instantes. O fenómeno produciuse polo impactou contra a atmosfera dun fragmento do cometa Encke, que rematou caendo sobre o mar en forma de meteorito. Máis tarde, tamén se desintegró parte do seu material sobre a Comunidade de Madrid. O fenómeno rexistrouse en vídeo desde varios observatorios de Andalucía.

O fenómeno rexistrouse sobre as 3:05 hora local peninsular, un fragmento desprendido do cometa Encke impactou contra a atmosfera a máis de cen mil quilómetros por hora. O brusco choque contra o aire produciuse a unha altura dun 100 km sobre o mar Mediterráneo (entre as costas de Murcia e Orán, en Alxeria) xerando unha impresionante bóla de lume moito máis brillante que a Lúa chea. O fenómeno foi rexistrado desde os observatorios astronómicos de Calar Alto (Almería) e Sevilla, así como polos detectores que a Universidade de Huelva (UHU) opera no Complexo Astronómico da Fita (Toledo).

A análise levada a cabo polo investigador principal do proxecto, o profesor José María Madiedo da Universidade de Huelva, indica que a bóla de lume avanzou en dirección nordés, extinguíndose a un 25 km de altura sobre o Mediterráneo. Pero o máis destacado do seu estudo é que os datos revelan que unha pequena parte do material, cunha masa inferior a 100 gramos, conseguiu sobrevivir en forma de meteorito, caendo ao mar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.