As mellores imaxes científicas están en FotCiencia

Estruturas de seleniuro de indio, un material semiconductor, que lembran á pirámide de Keops. O detalle das ás dun cabaliño do demo, marabilla da enxeñería natural, como inspiración para os drons do futuro. Ou unha folla de tabaco iluminada con luz ultravioleta que revela as zonas nas que os xenes da planta provocan a morte controlada dalgunhas das súas células… Esas son algunhas das sete imaxes seleccionadas na 15ª edición de Fotciencia, unha iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que conta coa colaboración da Fundación Jesús Serra.

Dun total de 729 presentadas, as fotografías pretenden achegar a ciencia á cidadanía en clave de arte. Cunha selección máis ampla, realizarase unha exposición itinerante e un catálogo de imaxes científicas que percorrerán museos e centros culturais, educativos e de investigación españois durante 2018.

Entre as imaxes escollidas por profesionais da fotografía, a microscopía, a divulgación científica e a comunicación, pódense atopar tamén as espectaculares formas que se producen nunha placa de laboratorio ao cultivar dúas especies de fungos antagonistas ou a casca dunha laranxa que coa súa estrutura porosa alberga burbullas de aire, o cal reduce a densidade da froita respecto da auga e fai que se eleve á superficie.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.