Os incendios en Galicia e o Norte de Portugal deixaron unha forte pegada nas emisiones de CO2 a atmosfera. Segundo datos de Amigos da Terra, só na área metropolitana de Vigo os lumes devolveron á atmosfera máis de 200 toneladas de dióxido de carbono.
Nesta animación do portal Windy, vemos a pegada do CO2, o principal gas causante do efecto invernadoiro e do quecemento global, desprazándose por Galicia e Portugal ao remate dos lumes da fin de semana.