A illa de Toralla e as praias de Vigo, vistas en 3D con LiDAR aéreo

O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI), da Universidade de Vigo, vén de presentar este modelado 3D da illa de Toralla e as praias de Canido, O VaoSamil. Os datos para este modelo foron seleccionados, descargados, procesados e editados pola Unidade de Detección Remota do CACTI a partir de sete nubes de puntos individuais (formato LAZ=LAS comprimido) de LIDAR-PNOA cedido polo Instituto Geográfico Nacional de España.

O CACTI é unha aposta da Universidade de Vigo pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional. Ten como obxectivo a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos científicos para cubrir as necesidades dos grupos de investigación da Universidade que non poden adquirilos polo seus propios medios e son indispensables para unha investigación con recoñecemento internacional. Debido á dimensión de servizo público, o CACTI tamén oferta os seus servizos a outras institucións públicas e a empresas. Cubre os servizos máis punteiros da investigación científica: Determinación Estructural e Proteómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemente Sostible e Seguridade Alimentaria (en Ourense), Teledetección e Talleres de Mecanizado e Electrónica.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.