En directo: o lanzamento do Falcon Heavy cun Tesla a bordo

Hai un foguete en Cabo Cañaveral agardando para saír disparado cara o espazo. E leva un Tesla vermello a bordo. Se todo vai ben, o Falcon Heavy, un dos foguetes máis potentes da historia, despegará e liberará o vehículo, que paseará sen data de caducidade polo espazo.

A idea é de Elon Musk, propietario da marca de vehículos eléctricos e da empresa SpaceX, responsable da construción do Falcon Heavy e dos seus predecesores, como o Falcon 9. Un dos obxectivos de Musk e levar ao ser humano a Marte, e con esta proba do Falcon Heavy pretende achegarse ao obxectivo. Así, pretende que o Tesla que vai a bordo do foguete entre nunha órbita elíptica que o leve preto do planeta vermello. Outra das razóns de levar o vehículo a bordo, alén de evidentes motivos publicitarios, é que o coche simule a carga útil que deben transportar os foguetes nas misións reais, como é o caso dos satélites e dos materiais para a Estación Espacial.

Publicidade

Outro dos atractivos que xerou o lanzamento é a recuperación dos tres módulos que compoñen o foguete, e que regresarían á Terra. Os dous laterais nunha pista de aterrizaxe e o central, o máis grande, sobre unha plataforma marítima, co obxectivo de ser reutilizados en misións futuras.

Así recreou a empresa o proceso de lanzamento, se todo vai ben:

Pero, e se as cousas saen mal? Pois que haberá unha gran explosión seguida en directo por medio mundo. Así o advertiu xa o propio Musk, vistas as situacións semellantes vividas anteriormente cos Falcon 9.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.