FaiERA: un proxecto galego para Europa de microprocesado de materiais con tecnoloxía láser

AIMEN Centro Tecnolóxico preséntanos neste vídeo o proxecto europeo FaiERA, cuxo principal obxectivo é fomentar o seu potencial investigador no campo do microprocesado de materiais mediante tecnoloxía láser.

O proxecto está enfocado a actualizar a capacidade en I+D do Centro de Aplicacións Láser de AIMEN mediante a contratación de novos investigadores, a formación do seu persoal investigador, a mellora da xestión da investigación e a adquisición de novo equipamento. Ademais, a calidade da investigación desenrolada en AIMEN mellorarase mediante unha maior integración na Área de Investigación Europea a través da colaboración con outros centros de investigación de excelencia.

AIMEN definiu para este proxecto catro liñas de investigación estratéxicas (LIE):

  • LIE1. Xeración de superficies multifuncionais: Mellora da interacción superficie/medio, como é o seu comportamento tribolóxico, o seu comportamento hidrodinámico, modificación da sua tensión superficial (anti-xeo e superficies autolimpantes), mellora fronte a corrosión, etc.
  • LIE2. Xeración de superficies biocompatibles: Favorecer a interacción células/superficie.
  • SRF3. Funcionalización superficial de téxtiles e materiais compostos reforzados con fibras: Superficies antibacterianas, patróns condutores, etc.
  • SRF4. Estruturas inducidas por láser para dispositivos semiconductores de alta eficiencia. Sensores, dispositivos fotovoltaicos e microelectrónicos, etc.

AIMEN é unha asociación sen ánimo de lucro con base en O Porriño, constituída por 110 empresas, que proporciona apoio tecnolóxico a mais de 400 empresas adicadas a actividades industriais ou comerciais relacionadas coa metalurxia, automoción, construción civil, mecánica, naval, química, fundición, maquinaria, cerámica, alimentación, cemento, madeira e os seus derivados, plásticos, enxeñería, ensamblaxe, e outros sectores.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.