Estoupa o foguete Antares da NASA durante o seu lanzamento ó espazo

A NASA recibiu este martes un novo golpe ao ver como o foguete portador Antares estoupaba pouco despois do seu lanzamento desde a illa de Wallops, no estado de Virxinia (EUA). Só pasaran seis segundos do despegue cando se produciu a espectacular explosión. No accidente non houbo que lamentar danos persoais, xa que se trata dun foguete non tripulado.

O Antares foi deseñado pola compañía privada estadounidense Orbital Sciences Corporation para poñer en órbita naves de carga que subministren mercancías á Estación Espacial Internacional (EEI). O ano pasado completouse o primeiro voo de proba do cargueiro Cygnus á EEI, tralo cal a NASA asinou un contrato coa compañía por valor de 1.900 millones de dólares para oito lanzamentos durante tres anos. A compañía responsable do Antares limitouse a explicar o estoupido por unha “anomalía no vehículo”.

A misión era levar á Estación Espacial Internacional 2.215 quilos de material e equipamento a bordo da cápsula Cygnus de reabastecemento. Boa parte era equipamento científico para diferentes proxectos e máis de 600 quilos de comida.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.