Este robot de Boston Dynamics fai máis deporte que moitos de nós

Todos necesitamos saír respirar aire fresco e facer exercicio. Tamén os robots. Porque Boston Dynamics acaba de subir un vídeo do seu robot ergueito e bípedo chamado Atlas. Este robot cruza sen esforzo diferentes tipos de terreo e mesmo o tronco dunha árbore non pode frealo.

As máquinas de Boston Dynamics están a sorprender coa súa capacidade para facer cousas cotiás para os humanos.

Publicidade

Nun segundo vídeo, Boston Dynamics mostra o seu robot SpotMini camiñando por un camiño predefinido a través dun almacén, de xeito totalmente autónomo, sen ningunha axuda adicional. A cámara ségueo a medida que avanza por unha ruta específica a través das oficinas e as instalacións de laboratorio de Boston Dynamics. Os sensores frontais, superiores e laterais interpretan o mundo físico en tempo real para axudar a SpotMini a situarse. E tamén pode aprender cada vez que fai a ruta para memorizar o xeito de facer o percorrido máis rápido. A compañía xa sorprendera antes cun robot que era quen de abrir portas para avanzar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.