Este rescate vale un ‘Nobel da Aviación‘. Por primeira vez unha tripulación dun helicóptero de Salvamento recibe en España o Premio Polaris, o Nobel da Aviación. Os galardoados son parte da tripulación do Pesca 2, con base en Celeiro. Concedéronllo por dous rescates heroicos no mar: o dos cinco tripulantes do palangreiro Gure Uxua e os seis do cargueiro panameño Modern Expres. Os dous realizáronse en condicións atmosféricas extremas.
O galardón é concedido pola Federación Internacional de Pilotos de Liñas Aéreas.